IniciosociedadeCen parados da Mariña fórmanse co plan de emprego da mancomunidade

Cen parados da Mariña fórmanse co plan de emprego da mancomunidade

A Xunta de Galicia custea o proxecto, pensado para persoas vulnerables a nivel social e que ofrecerá unha saída laboral a 35 delas

Publicada o

- Advertisement -

O Programa Integrado de Emprego (PIE) ‘Avanza na Mariña Lucense II, impulsado pola Mancomunidade de Municipios e financiado pola Xunta de Galicia, está en marcha.

Un total de 100 persoas desempregadas benefícianse dun proxecto que aspira a impulsar a súa inserción no mercado de traballo.

Os participantes, que proceden de Alfoz, Barreiros, Burela, Foz, A Pontenova, Riotorto, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro, son principalmente menores de 30 e maiores de 45 anos.

Entre os beneficiarios do plan atópanse persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, parados de longa duración e mulleres vítimas de violencia de xénero.

ADAPTADO Á DEMANDA EMPRESARIAL

A través do ‘Avanza na Mariña Lucense II’, os alumnos e alumnas están a recibir formación específica nos sectores agrario e de servizos, os dous campos con máis saídas laborais da comarca, xa que os programas integrados de emprego están adaptados á demanda das empresas da contorna.

En concreto, estase a impartir cualificación en operacións básicas de restaurante, agricultura ecolóxica, instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, auxiliar en conservación e mellora de montes e en atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

Así mesmo, ofrécese formación transversal en novas tecnoloxías, técnicas de busca de emprego, técnicas de coaching, inglés, galego, carné de manipulador de alimentos e obradoiros sobre emprendemento, entre outros.

Dos cen participantes, o 35% terá unha oportunidade laboral cun emprego temporal ao rematar o proxecto.

FINANCIAMENTO

A petición da Mancomunidade de Municipios da Mariña, a Xunta financia integramente este plan, que conta cun orzamento de 250.000 euros. O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, visitou en Foz ao alumnado acompañado do presidente do colectivo de municipios, Alfredo Llano, e do alcalde focego, Javier Castiñeira.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...