InicioPolíticaO PSOE resiste en Alfoz, Ourol e A Pontenova; Xove, O Vicedo...

O PSOE resiste en Alfoz, Ourol e A Pontenova; Xove, O Vicedo e Mondoñedo, feudos do PP

Os cinco municipios confirman as tendencias do pasado mes de abril

Publicada o

- Advertisement -

O escrutinio ao Congreso tamén rematou nos municipios de Alfoz, Ourol, Mondoñedo, O Vicedo e Xove. Nos dous primeiros municipios o PSOE aguanta como forza máis votada, mentres que os dous últimos confírmanse como bastións do Partido Popular (PP), que xa obtivera o respaldo maioritario da veciñanza nas eleccións xerais do pasado mes de abril.

En Alfoz, os socialistas suman 389 votos, o 40,19%; o PP quita 357 (36,88%); Vox é a terceira forza, con 62 sufraxios para a extrema dereita (en abril sumara 24); o BNG ten 56; Galicia En Común-Unidas Podemos, 52; Ciudadanos (Cs) obtén 24 apoios, 50 menos ca nos pasados comicios xerais. Pacma (sete respaldos), Recortes Cero (5), PUM+J (Por un Mundo más Justo) (dous) e PCTG (Partido Comunista de Traballadores de Galicia) foron outras das opcións escollidas polos votantes. A participación caeu ao 64,50%.

En Ourol, cunha participación do 67,61%, o PSOE obtivo 289 votos, o 46,69%; a dez puntos de porcentaxe de voto queda o PP, con 226 (36,51%); moi lonxe fica Podemos, con 36 votos. Vox (25) adianta ao Bloque (17), Ciudadanos perde dous terzos dos apoios obtidos en abril (de 36 a 12 sufraxios). Pacma (tres apoios), PCOE (dous) e Recortes Cero (un) tamén obtiveron algún respaldo.

Na Pontenova, o PSOE acada 530 sufraxios, por riba do 41%; o PP suma 469. Vox convértese na terceira forza máis votada no municipio, con 103 apoios (en abril obtivera 69); o Bloque obtén 73 respaldos, por 51 de Podemos e 34 de Cs. PUM+J e Recortes Cero quedan cun voto.

En Xove, o PP case dobra ao PSOE (918 votos, co 74,95%, por 444, do 22,13%). Podemos quita 225 votos (11,22%), un pouco por riba do BNG, que suma 221 (10,52%); Vox acada 121 (6,03%) e Cs suma 32, cando partía de 140. Pacma leva nove, por tres de Recortes Cero e un de C21. A participación neste municipio foi alta, co 74,95%.

En Mondoñedo, o PP supera o 40% dos votos escrutados (802, 42,26%); o PSOE quita 570, algo por riba do 30%. O BNG suma 174 sufraxios; Podemos, 143; Vox 131. Cs, que estivera preto dos cen apoios en abril, non pasa de 36. Pacma (11 respaldos), PUM+J (7), PCOE (3), C21 e Recortes Cero (ambos con un) son as outras formacións votadas.

Finalmente, no Vicedo, o PP suma máis da metade dos votos escrutados, 482 (50,68%); o PSOE queda no 26,08% (248); Podemos obtén 58 sufraxios, algo máis do 6%, unha cantidade idéntica á da ultradereita de Vox; Ciudadanos foi a elección de 39 persoas, mentres que 38 votaron ao BNG; Pacma recolle 13 apoios; Recortes Cero, 2; e PCOE, PCTG, C21 e PUM+J, un. A participación foi do 64,58%. Podes consultar os resultados completos nesta ligazón.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...