O río Ouro, en risco de inundación

O 112 insta á poboación a reducir os riscos, abandonando as actividades no espazo

Desembocadura do río Ouro, en Fazouro ( Foz) / Deputación de Lugo

O Plan Especial de Protección Civil ante o risco de inundacións, que permanece en fase de alerta desde a tarde do xoves, sumou nas últimas horas os ríos Lérez (Pontevedra) e Ouro debido ao aumento do seu caudal.

Ademais destes, segundo información da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta recollida polo 112, mantéñense en alerta os ríos Umia e Verduro. En concreto, espéranse subidas repentinas de caudal e desbordamentos “puntuais” de terreos, espazos urbanos e propiedades próximos ás canles fluviais, advirte a central de emerxencias.

É por iso que o 112 insta á poboación a reducir os riscos, abandonando as actividades neses espazos, retirando os vehículos da marxe dos ríos, evitando atravesar pontes ou torrentes.

PREALERTA NO AZÚMARA

Ademais, o Centro de Control de Conca da Confederación Hidrográfica do Miño Sil observa un aumento significativo do caudal do río Azúmara, especialmente polo lugar de Reguntille, en Lugo.

Ante iso, mantense activa unha prealerta neste río co obxectivo de manter o control e o seguimento do caudal ante as posibilidades de crecida repentina dos niveis de auga.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here