InicioCentralAlfozO foco na Vivenda Comunitaria de Alfoz está "controlado" pero afecta a...

O foco na Vivenda Comunitaria de Alfoz está “controlado” pero afecta a case todos os usuarios

O rexedor di que non se sabe como puido entrar a covid nas instalacións, "tanto puideron ser os usuarios como os traballadores", di.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Alfoz, Jorge Val, asegurou que o foco de Covid-19 na Vivenda Comunitaria do municipio, con seis usuarios contaxiados dos sete maiores residentes, está “controlado”.

Ademais do seis residentes, tamén tres traballadores resultaron positivos, polo que os nove afectados atópanse en corentena debido a este coronavirus. Jorge Val puntualizou que son casos “asintomáticos” e, por tanto, “están controlados e está en corentena tanto os traballadores como os residentes”.

O rexedor concretou que de “sete (residentes) hai seis (contaxiados) pero son todos asintomáticos, e dentro do que cabe atópanse ben”. “Están contaxiados, pero sen síntomas”, subliñou. En canto á orixe do brote, o alcalde de Alfoz apuntou que puido ser “a través dos traballadores ou tamén a través dos residentes que fan unha vida normal e saen fóra, que puidesen ter un contacto con algunha persoa contaxiada e que o levasen (o virus) para dentro”.

“Saen a pasear e paran con moita xente. Non se sabe exactamente de onde procede o brote, se foi polos traballadores ou foi por eles mesmos”, concluíu. En total son nove os positivos por Covid, seis residentes da Vivenda Comunitaria do municipio de Alfoz e tres traballadores da mesma, todos eles en corentena.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...