Alfoz abre un novo Centro Interpretativo da Reserva da Biosfera Terras do Miño

Estas actuacións lévanse a cabo a través das Axudas para a Rehabilitación do patrimonio natural e cultural na Rede de Reservas da Biosfera de Galicia.


O novo centro Interpretativo da Reserva da Biosfera Terras do Miño inicia a súa andadura con dúas xornadas.

O sábado 25 de 10:00 a 14:00h para a promoción do patrimonio natural, cultural, arquitectónico e etnográfico. Tamén haberá novas actividades respectuosas co medio ambiente e o emprendemento sostible na Reserva da Biosfera.

O domingo 26, de 9:00 a 14:00h levarase a cabo un roteiro guiado Fervenza Escouridal-Pena Abaladoira que terá como punto de partida a Escola do Chao.

Para participar nestas actividades é preciso inscribirse previamente nos tfnos. 982256193 e 618709473. Máis información: info@sogos.es

Estas actuacións lévanse a cabo a través das Axudas para a Rehabilitación do patrimonio natural e cultural na Rede de Reservas da Biosfera de Galicia.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here