InicioCentralAlfozRecuncho Violeta, novo espazo na Biblioteca Pública de Alfoz

Recuncho Violeta, novo espazo na Biblioteca Pública de Alfoz

Moitas das obras que recomendadas Axendas Coeducativas poderán atoparse nos andeis deste recuncho, os cales se irán completando con máis contidos nun futuro

Publicada o

- Advertisement -

A Biblioteca Pública de Alfoz conta desde hoxe cun “Recuncho Violeta”. Un espazo propio na biblioteca con libros e xogos específicos de igualdade. Sobre todo para os máis novos, nos que se fomente o respecto e os valores, o coñecemento e xestión das emocións, a diversidade, etc. que no fondo son os pilares para unha sociedade máis igualitaria.

Moitas das obras que recomendamos nas Axendas Coeducativas poderán atoparse nos nosos andeis, os cales se irán completando con máis contidos nun futuro. Banda deseñada, contos, novela, ensaio e poesía para todas as idades.

Tamén xogos que se poderá utilizar na biblioteca, levar en préstamo e que serán utilizados nas actividades do Programa de Conciliación do CEIP Castro de Ouro.

Temos 2 Recunchos Violetas, un físico na Biblioteca e outro dixital dentro do Blogue da Bibloteca que temos hospedado na web municipal no que se tratan temas específicos de igualdade A nosa biblioteca (bibliotecadealfoz.blogspot.com)

Tendo en conta que as bibliotecas actuais son espazos “sociais”, sobre todo nas poboacións pequenas coma a nosa, deben de ir máis alá de dar só un servizo puramente bibliográfico. De aí que pretendamos organizar actividades a prol da igualdade, para os máis pequenos sobre todo, e, ao mesmo tempo, dotar de materiais á biblioteca, destacando a parte dedicada aos xogos a través dos que se traballa a coeducación, a eliminación dos estereotipos e o fomento da non violencia.

O Recuncho Violeta forma parte das accións municipais subvencionadas a través do Programa de Sensibilización, Información e Difusión sobre a Igualdade e Prevención da Violencia contra as Mulleres da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, do Ministerio de Igualdade e do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...