InicioCentralAlfozReanúdanse as xuntanzas do Club de Lectura da Biblioteca de Alfoz

Reanúdanse as xuntanzas do Club de Lectura da Biblioteca de Alfoz

As reunións son os xoves, cada quince días, ás 19:00h e teñen unha duración aproximada de 1 hora.

Publicada o

- Advertisement -

O Club de Lectura da Biblioteca Pública de Alfoz reanuda as súas xuntazas en torno a un libro que se elixe entre todos os integrantes e que se vai alternado entre obras en castelán e galego.

As persoas interesadas en inscribirse poden informarse no teléfono do Concello de Alfoz 982 558 001 (extensión 2) posto que antes do comezo de cada novo libro se poderán incorporar novos membros.

As reunións son os xoves, cada quince días, ás 19:00h e teñen unha duración aproximada de 1 hora. Fálase do libro e coa excusa do libro de moitos outros temas aos que nos leva a súa lectura, as personaxes, a historia ou o lugar onde se desenvolve.

Comeza cada lectura investigando sobre o autor ou autora e a obra, a cal se lee en varias partes que se tratan en cada reunión. Ao remate da lectura vese unha película, baseada no libro se é o caso, ou relacionada co mesmo.

A participación é totalmente de balde, levando cada integrante o seu libro en modalidade de préstamo. O Club conta ademais con 2 lectores de libros electrónicos que tamén están a disposición dos participantes.

O Club de lectura é un lugar de encontro onde a aficción á lectura é compartida por todos, onde se recomendan obras, onde se xera debate e diálogo e, sobre todo, se disfruta dun bo libro compartido na mellor compaña. O Clube cumple dous anos de funcionamento e é un aliciente máis na vida cultural de Alfoz.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...