InicioCentralAlfozVIA Alfoz cuestiona as obras de conservación da Fonte da Grela

VIA Alfoz cuestiona as obras de conservación da Fonte da Grela

Vía Alfoz indica nun comunicado que durante o Pleno do 29 de xaneiro de 2022, formulou unha pregunta relacionada coa citada Fonte da Grela, xa que “as obras que se van realizar na mesma poden supoñer a desaparición dun elemento etnolóxico como o que representan os lavadoiros públicos".

Publicada o

- Advertisement -

O grupo local de VIA Alfoz solicitou ao goberno municipal de Alfoz o acceso á documentación completa do expediente de Obras de Conservación e Mantemento na Fonte da Grela. A intención, segundo o grupo político, é poder aclarar o alcance das obras que está a preocupar á veciñanza deste barrio da parroquia de Lagoa.

Vía Alfoz indica nun comunicado que durante o Pleno do 29 de xaneiro de 2022, formulou unha pregunta relacionada coa citada Fonte da Grela, xa que “as obras que se van realizar na mesma poden supoñer a desaparición dun elemento etnolóxico como o que representan os lavadoiros públicos”.

VIA Alfoz apunta a Lei 5/2016, do 4 de maio sobre o patrimonio cultural de Galicia. En concreto do seu artigo 91, apartado 3, onde indica que se presume o valor etnolóxico de diferentes bens, estando entre eles as fontes e os lavadoiros comunais ou públicos de carácter tradicional, tal e como indica o subapartado “d”. Aínda así, o grupo municipal de VIA Alfoz, despois de consultar o expediente, sinala que no documento consta que o ben non está catalogado, “se ben non se atopa ningún informe de Patrimonio Cultural sobre idoneidade das obras nin da súa posible catalogación como ben etnolóxico”.

VIA Alfoz sinala que durante o pleno do 29 de xaneiro, o alcalde de Alfoz Jorge Val, indicou que se vai “volver a ter o pío de pedra e o lavadoiro de toda a vida, e a lastra. O tema é que non nos dan permiso para cambiar a estrutura, non podemos facela de novo, pero vaise a mellorar”, se ben na documentación do expediente indicase “que se van demoler os actuais lavadoiros e non se van repoñer, ademais, non aparece ningún informe sectorial que condicione o cambio de estrutura indicado”.

Por outro lado, desde VIA Alfoz “non entenden como desde o goberno municipal se afirma, en alusión a outro dos lavadoiros existentes no concello, que “o lavadoiro de As Oiras é da Asociación e o amañaron eles”, mentres que no expediente da Fonte da Grela “non aparece certificación da propiedade por parte do Concello, nin a comunicación enviada por Infraestruturas Agrarias aclara a súa titularidade” segundo VIA Alfoz. Por último, engaden que “tampouco hai constancia de que esta construción apareza no Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Alfoz”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...