Alfoz presenta as actividades de coidado do medio ambiente para o mes de maio

Alfoz é un dos oito concellos que conta coa Bandeira Verde de Galicia.


O Concello de Alfoz presenta a programación para coidado e protección da paisaxe e medio ambiente para o mes de maio. Alfoz é un dos oito concellos que conta coa Bandeira Verde de Galicia.

A primeira actividade será o obradoiro de reciclado de roupa. Realizarase os sábados de maio, (7, 14, 21 e 28) de 17:00h a 20:00h na Aula Omix da Casa da Cultura. De xeito totalmente gratuíto para as persoas participantes, levarase a cabo unha actividade de reciclado e reutilización de roupa para darlle “unha nova vida”, co fin de evitar que se convirta en residuo, porque con imaxinación e unhas pautas básicas de costura podemos crear novas prendas. O primeiro paso para reducir o volume de residuos e evitar que se xeren, por iso no caso do téxtil, ademais de fomentar o consumo responsable e a reflexión antes de comprar máis do que precisamos traballaremos na xestión responsable coa reutilización e tamén coa posta en valor dos contedores específicos para roupa e calzado cos que conta Alfoz a través da Mancomunidade da Mariña. Nesta primeira edición cubríronse o total de prazas dispoñibles o que demostra o interés da veciñanza nesta liña de accións medioambientais.

A segunda é o obradoiro de elaboración de xabón con aceite doméstico usado. O venres 13 ás 17:00h na Casa da Cultura de Alfoz. Actividade dirixida a público adulto, para aprender a reutilizar o aceite de cociña usado e darlle unha nova vida como xabón. Actividade tradicional que queremos recuperar e, con ela, concienciar da importancia da correcta separación de residuos e o seu depósito no lugar axeitado (contedores de aceite municipais) ou mellor aínda, a súa reciclaxe. A actividade completarase cunha presentación estruturada en dúas partes, a primeira baseada na importancia de xestionar ben o aceite usado e unha segunda coa historia do lavado ao longo do tempo. As prazas son limitadas e para ter máis información e inscricións na Casa do Concello e teléfono 982 558 001.

Por outra parte, o Concello de Alfoz e Sogama inician una nova entrega de composteiros, xunto a unha xornada formativa para a veciñanza de Alfoz. Tendo en conta a boa acollida durante as 2 edicións anteriores e a importancia de utilizar os restos da horta e xardín, así como do material orgánico xerado no día a día por calquera familia, ademais dos beneficios que supón o compost para mellorar o chan e, polo tanto, a producción dos nosos hortas e xardíns, de xeito totalmente ecolóxico, o Concello considera fundamental continuar traballando xunto a Sogama para que cada vez sexan máis os fogares de Alfoz que se sumen ao compostaxe.

O venres 20 ás 19:00h no Salón de Actos da Casa da Cultura, Charla informativa sobre axudas para rehabilitación de vivendas, melloras enerxéticas, plans renove, etc. Impartida por persoal cualificado para dar a coñecer as posibles axudas para poder mellorar as vivendas privadas: envolventes, tellados, peches, sistemas de calefacción e agua quente, etc.

Desde o Concello de Alfoz sinalan que o “aforro enerxético é fundamental, e cada vez máis, para a economía familiar polo que a inversión en melloras que abaraten os consumos e, polo tanto, os custes dos fogares é o primeiro paso a dar para conseguir este aforro ao mesmo tempo que reducimos as emisións de CO2 e GEIs, beneficio para todos porque o coidado do medio ambiente é unha labor comunitaria”.

“A través de fondos europeos e outras axudas podemos facer moitas melloras nas vivendas. Coñecer as distintas liñas de axudas e cómo optar a elas é o primeiro paso a dar, polo que desde o Concello se organiza esta sesión informativa para a veciñanza”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here