InicioCentralAlfozAlfoz presenta a súa programación cultural para o mes de maio e...

Alfoz presenta a súa programación cultural para o mes de maio e para o Día das Letras Galegas

En primeiro lugar, o grupo Lume Escénico, da Pontenova, representa "Cousas de bares" . Poderase desfrutar deste obra o sábado 7 de maio ás 20.00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Alfoz presenta a súa programación cultural para o mes de maio, incluíndo os actos do Día das Letras Galegas. Así, en primeiro lugar, o grupo Lume Escénico, da Pontenova, representa “Cousas de bares” . Poderase desfrutar deste obra o sábado 7 de maio ás 20.00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz. A representación trata dun accidente de tráfico no que está implicado un coche fúnebre, nun bar aparece un ataúde cun boleto de lotaría dentro. Esta é unha obra de ritmo trepidante e con xiros inesperados. Unha cita fronte ao cemiterio, para un espectáculo mortal!. Subvencionado a través do Plan Único da Deputación de Lugo: Área de Cultura_Xornadas de Teatro.

LETRAS GALEGAS

A celebración das Letras Galegas en Alfoz comeza cun Concurso de Debuxo e Narrativa das Letras Galegas Biblioteca Municipal de Alfoz e Biblioteca Municipal de Lugo. Ata o 10 de maio recolleranse os traballos na Biblioteca de Alfoz, aberta de luns a venres de 15:00 a 20:00h para competir no certame a nivel local. Os traballos gañadores pasarán á fase provincial. O tema deste ano é “O que pasa ao meu arredor”. Categorías: A ata 8 anos, B de 9 a 11 anos e C de 12 a 16. Os premios serán entregados o día 22 de maio, ao remate da actuación de Caxoto Contacontos.

A compositora e intérprete, natural de Vilaronte (Foz), Ugía Pedreira faranos gozar co seu novo disco e o seu debut en solitario, «Segmento Cantábrico». Será ás 20.30 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz, da man da Delegación de Cultura Municipal. «Segmento Cantábrico» contén «un elegante equilibrio entre instrumentos máis orgánicos combinados coa música electrónica vintage, achegando un minipoemario. Baixo ou título ‘Atalaia Norte’. O álbum mestura spoken word, poesía e canción, e ten alma de folk progresivo, «que une formas tradicionais do litoral cantábrico con outros sabores da world music europea e do folk americano». En canto ás letras, hai poemas da propia artista, do pintor vigués e afincado en Londres Enrique Gavilanes, de « Follas Novas» de Rosalía de Castro, da poeta laurentina Mariña Oural, de Carvalho Calero e Xela Arias, nun disco que propón «a música como curación».

O 22 de maio ás 19:30h no Salón de Actos da Casas da Cultura. “Miña casa, Meu Lar (Contos ambientais)” de Felipe Díaz (Caxoto contacontos) da Trastenda dos Contos, é unha reflexión sobre a nosa pegada ambiental neste mundo que cumpre todas as funcións dun fogar: Danos de comer e é un espazo onde atoparnos a nós mesmos e ós que nos rodean.

Ao remate da representación, realizarase a entrega de premios do Concurso de Debuxo e Narrativa das Letras Galegas da Biblioteca.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...