IniciosociedadeAs estadías nos hoteis adheridos a Turismo Slow Norte son “de entre...

As estadías nos hoteis adheridos a Turismo Slow Norte son “de entre cinco e sete días”

A mancomunidade da Mariña sinala que o proxecto voluntario, desenvolto co colectivo de municipios de Ferrolterra, procura captar "ao turista que escape da masificación"

Publicada o

- Advertisement -

A Mancomunidade de Municipios da Mariña emitiu un comunicado no que asegura que as estadías dos visitantes nos hoteis adheridos ao proxecto Turismo Slow Norte de Galicia sitúanse “entre os cinco e os sete días”.

Segundo o colectivo de municipios mariñao, este dato avala un proxecto “pioneiro”, impulsado polas mancomunidades da Mariña Lucense e de Ferrolterra co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, e que desenvolve Promove Consultoría.

Segundo explica o equipo técnico que está a desenvolver esta iniciativa, Turismo Slow Norte é un proxecto de participación voluntaria para aquelas empresas de aloxamento que cumpran determinados requisitos. Entre eles, compromisos ambientais -de coidado da contorna- coa calidade do servizo.

Nas reunión do grupo de empresas participantes establécense tarefas para “o desenvolvemento dun produto innovador e sostible, que poña en valor as características sociais, culturais e naturais do noso destino turístico”.

Así, procúrase a un turista “que escape da masificación e busque riqueza patrimonial e gastronómica”.

LOGO

A mancomunidade fixo balance da promoción turística realizada en Fitur e en Xantar, destacando que o vídeo presentado en Madrid foi compartido en redes sociais por máis de 3.000 persoas.

A axente de desenvolvemento turístico da mancomunidade, Tania Hermida, expuxo que o colectivo de municipios “dará a coñecer proximamente” o seu novo logo, “co fin de reforzar e empezar a traballar de forma homoxénea a imaxe que se transmite do xeodestino”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...