IniciosociedadeO comercio da Mariña anuncia unha campaña en xuño que abranguerá internet,...

O comercio da Mariña anuncia unha campaña en xuño que abranguerá internet, cine ou televisión

Os empresarios valoran as boas críticas recibidas pola bisbarra en Marca Motor ou My Life Planet

Publicada o

- Advertisement -

A Federación de Comercio A Mariña (FCAM) acordou este mércores realizar unha campaña para promocionar e darlle visibilidade aos negocios locais durante o vindeiro mes de xuño.

Segundo explica o presidente da FCAM, José Carlos Paleo, “esa campaña, que presentaremos nos últimos días do mes de maio, estará nas redes sociais, na prensa, na radio, no cine e tamén na televisión. Imos facela coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Lugo”.

O ano pasado, a campaña ‘Ollo’ mostrou -con esquelas, escaparates empapelados con follas de xornais e un apagón masivo- como sería a bisbarra sen o comercio de proximidade.

PROMOCIÓN XORNALÍSTICA

A FCAM valora a colaboración do xornalista Pedro Madera na reportaxe realizada para a revista Marca Motor, publicada este mes de abril, “e na que achegou a nosa comarca a máis de 100.000 persoas”.

A agrupación de comerciantes da Mariña explica que Madera fixo un percorrido entre Ribadeo e O Vicedo no que propón a visita a diferentes lugares de interese da Mariña como a Basílica de San Martiño, os portos de Nois, Burela, Celeiro ou O Vicedo. Fala da faba de Lourenzá e alude a establecementos comerciais como Panadería Torviso, Casa Damián, A Lonxa, Casa Chao ou Galipizza”, precisa.

Pedro Madera realizou outra reportaxe para mylifeplanet.com con saída desde o río Eo e remate en Estaca de Bares. O xornalista define a costa de Lugo como “unha colección de lugares onde a vida se desfruta con outro ritmo”.

Paleo indica que “está pendente de publicarse a nivel nacional tamén outra reportaxe do mesmo cronista sobre as autocaravanas e as áreas de estacionamento e servizos cos que contamos para este tipo de turismo, que vai en alza, na Mariña”.

A FCAM considera “importante facer promoción do noso comercio e das nosas posibilidades turísticas aquí na Mariña, pero tamén é importante vender as nosas excelencias a nivel autonómico ou estatal. Se queremos recibir xente durante a maior parte do ano deberemos traballar neste sentido”, argumenta Paleo.

ORZAMENTOS

Na xuntanza da FCAM acordáronse as liñas orzamentarias para este 2019 coas convocatorias de axudas por parte da Xunta e o convenio coa Deputación para o desenvolvemento de actividades ao longo deste ano, así como as distintas campañas que se porán en marcha.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...