InicioPolíticaA Xunta Electoral desestima a reclamación de Burela Sempre, que recorrerá ao...

A Xunta Electoral desestima a reclamación de Burela Sempre, que recorrerá ao órgano provincial

Mondoñedo alega que non ten competencias para ordenar repetir os comicios no Perdouro, como pedira o partido de Manuel Martínez, que se xoga un edil co BNG por un só voto

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta Electoral de Mondoñedo non aceptou a reclamación de Burela Sempre para repetir as eleccións nunha mesa do Perdouro. O partido do deputado non adscrito Manuel Martínez, que quedou a un voto de obter representación, pedira ao órgano electoral unha nova votación despois de que no escrutino realizado o pasado martes se detectase a falta de sete voto nulos.

Na resolución, o órgano zonal argumenta que non ten competencia para “ordenar a repetición total ou parcial” dos comicios. O candidato da formación, Carlos Peinó, avanzou que recurrirán á Xunta Electoral Provincial.

O pasado domingo, Burela Sempre 271 votos, os mesmos que precisou o BNG para sumar o terceiro concelleiro. Dada a escasa marxe, unha eventual repetición das eleccións na mesa, con 488 persoas censadas, podería cambiar o reparto de actas na futura corporación municipal.

ARQUIVADAS AS DENUNCIAS Á  XUNTA

A Xunta de Galicia informou de que a Xunta Electoral de Mondoñedo arquivara sen sancións as tres denuncias que acusaban ao delegado territorial, José Manuel Balseiro, de incumprir as limitacións informativas vixentes durante os periodos electorais.

A normativa prohibe “actos organizados directa ou indirectamente polos poderes públicos que conteñan alusións ás realizacións ou logros obtidos” ou “actos de inauguración de obras e servizos públicos”.

Segundo o goberno galego, a XEZ respaldou as actuacións denunciadas ao considerar que entraban dentro da “liberdade da información” e que “non supoñína presentación de logros de ningun partido político”.

No comunicado expoñen que continúan en curso procedementos por denuncias interpostas contra o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, o candidato socialista do Vicedo, Vicente Parapar, o alcalde de Alfoz, Jorge Val, e a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...