InicioPolítica(AMPLIACIÓN) O alcalde de Burela denuncia que "algún partido fai campaña" para...

(AMPLIACIÓN) O alcalde de Burela denuncia que “algún partido fai campaña” para a repetición electoral

Llano insta a "respectar as regras do xogo e ao adversario", mentres que o BNG ve "electoralismo" nas actuacións do goberno local; o PP fai balance do 10-N ante os afiliados

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Burela en funcións, o socialista Alfredo Llano, denunciou este venres que “hai algún partido que fai campaña interesada” para a repetición de comicios municipais que se celebra este domingo na mesa de Perdouro.

En concreto, están chamados a esta cita un total de 630 persoas por orde do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que estimou o recurso presentado polo partido Burela Sempre por seis votos que foron declarados nulos e que poderían darlle un edil a esta formación -quedou a un sufraxio de obter representación-.

Neste contexto, o rexedor asegurou que o PSdeG-PSOE“non” celebrou ningún acto ao non haber “campaña oficial”, polo que -lembrou- “non se poden organizar mitins, nin reservar locais” para ese efecto.

No entanto, Llano si afeou que “hai algún partido que fai campaña interesada. “Pero tampouco creo que lle vaia dar un bo resultado“, continuou, para suxerir que “hai que respectar as regras de xogo e, sobre todo, ter respecto polo adversario”.

Finalmente, o alcalde aínda en funcións fixo un chamamento á participación nesa mesa de Perdouro e estimou que se votan por encima do 70 por cento “xa sería unha boa cifra”.

CALCULA A INVESTIDURA PARA O 7 DE DECEMBRO

Tras os comicios deste domingo, Llano calcula que a investidura se celebraría “para a ponte de decembro, o sábado 7, e despois o pleno organizativo”. Por iso, considerou que ata mediados dese mes “non se vai normalizar a situación”.

Ademais, puxo o foco en que o Concello “leva case seis meses e pico en funcións, o cal implica retardación”, porque “non se poden tomar decisións de cousas importantes como poden ser os orzamentos, as taxas ou a Relación de Postos de Traballo (RPT)“.

POSIBLES ESCENARIOS

O alcalde en funcións explicou que mentres que nas pasadas eleccións concorreron sete forzas, nesta ocasión unha delas decidiu renunciar a presentarse, Compromiso por Galicia (CxG). Ademais, Burela Sempre, iniciativa independente impulsada polo rexedor de Becerreá, o ex socialista Manuel Martínez, introduciu algún cambio na súa lista.

Deste xeito, concorren os tres grandes partidos tradicionais da comarca, máis a formación de Martínez, Ciudadanos e Vox.

Llano lembrou que o 26 de maio votaron nesta mesa 403 persoas das 630 censadas. Un total de 157 votos foron para o PSOE, 107 para o PP, 66 para o BNG e 31 para Burela Sempre.

Á vista destes datos, conforme apuntou, poden darse diferentes escenarios. Así, apuntou que todo “pode quedar igual”, que o PSOE pode recuperar un edil e ter a maioría absoluta, así como que o BNG perda un concelleiro que pasaría a Burela Sempre. Llano nega a posibilidade que que o PP recupere un edil, como si asegura o PP.

O PP CRE O 10-N “ESPERANZADOR”

O candidato popular, Manuel Rouco, manifestou o seu desexo de que “se dea unha boa participación na votación do domingo 17 na mesa única do IES Perdouro onde se dirimirá o último concelleiro en liza da corporación municipal”.

Rouco fixo balance ante os afiliados dos resultados das eleccións xerais do pasado 10 de novembro, para afirmar que “cabe ser prudentes ante este resultado, pero sen dúbida é esperanzador de cara ao futuro”.

O BNG VE “ELECTORALISMO” POR PARTE DO CONCELLO

Por parte do BNG, houbo críticas ao Concello. “Falouse moito da humanización de espazos pero todo quedou en propaganda e agora mesmo a vila non é cómoda para a vida das persoas nin a nivel de urbanismo nin de limpeza. Agora apúranse moito en colocalo alumeado de Nadal e en facer contratacións no concello, con motivos electoralistas e moi pouco éticos” denunciou o voceiro nacionalista, Mario Pillado.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...