Os barcos de Burela volven faenar tras catro semanas amarrados polo mal tempo

Dende a Confraría de Pescadores confían en poder "recuperar un pouco as perdas enormes" ocasionadas por esta sucesión de temporais

Embarcación Serantes Otero. AXM

Os barcos do porto de Burela volveron saír faenar este luns tras catro semanas nas que practicamente, e salvo contadas excepcións, permaneceron amarrados a porto pola sucesión de temporais que afectaron a costa galega.

Así o confirmou o presidente da Confraría de Pescadores de Burela, Basilio Otero, que lembrou que nas anteriores xornadas “había fortes ventos” e “mar de fondo”, o que lles impediu traballar.

Foron catro semanas “parados”, co que agora confían en poder “recuperar un pouco as perdas” ocasionadas por esta sucesión de temporais. “Os cálculos (sobre as perdas) depende de como se fagan, se se fan cos prezos que hai agora mesmo, as perdas son enormes”, subliñou, tendo en conta a influencia das celebracións de Nadal.

No entanto, Otero apelou a que “é normal por estas datas” que haxa “mal tempo”, aínda que “non tanto coma este ano, en que foron moitos días seguidos” sen saír traballar. “Esperamos recuperar algo esta semana, porque dan bo tempo“, concluíu.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here