As solicitudes de Ertes multiplícanse por sete en Galicia en dous días: de 630 a 4.239

O número de peticións disparouse esta semana tralo estado de alarma decretado pola pandemia

Unha muller sale dunha oficina de emprego. EFE

Os Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (Ertes) non deixan de aumentar e a Xunta de Galicia contabilizou un total de 4.329 solicitudes desde o inicio do estado de alarma decretado polo Goberno central para facer fronte á expansión do coronavirus.

Deste xeito, o número de peticións multiplicouse por sete en apenas un par de días, xa que o pasado mércores, segundo os datos achegados polo Goberno galego, presentaran solicitudes un total de 630 empresas, o que afectaría a 5.187 obreiros. O Executivo autonómico non ofreceu este venres os datos do número de traballadores afectados.

Podes ler a información completa nesta ligazón do Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here