InicioDeportesO Burela FS desaproveita un 3-1 para empatar no inicio do curso

O Burela FS desaproveita un 3-1 para empatar no inicio do curso

O conxunto local reparte puntos co recén descendido Gran Canaria nun duelo con emoción e alternativas no marcador

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FS desaproveitou unha vantaxe de 3-1, coa que chegou ao minuto 30, para repartir puntos (3-3) co Gran Canaria na primeira xornada do presente curso na Segunda División.

O conxunto local medíase a un dos candidatos aos postos altos, que na pasada tempada militou na máxima categoría do fútbol sala español. O cadro visitante adiantouse axiña, cun gol no minuto 2 de Mehdi. Sen embargo, os discípulos de Juanma deron a réplica de seguido por medio de Matamoros.

O Burela FS colleu o timón do encontro e en cinco minutos -do 11 ao 16- cobrou unha renda de dous goles grazas aos tantos de Renato, primeiro, e Pope, despois. De aí ao final do primeiro asalto, os dous equipos usaron o porteiro-xogador sen que houbese movemento no marcador.

SEGUNDO TEMPO

No segundo tempo seguiu a mesma tónica, cos dous rivais apostando polo xogo de cinco para someter ao seu opoñente. O Pescados Rubén non foi quen de conservar o seu botín ao encaixar dous tantos practicamente seguidos, nos minutos 31, e 32, obra de Álex Velasco e de Lucho en propia portería. Nos minutos finais o partido puido caer para calquera dos dous bandos, con ocasións para os canarios -en dúas intervencións de Edu- e tamén para Matamoros.

VINDEIRA XORNADA

Na vindeira xornada, o cadro burelés desprazarase á pista do Software Delsol Mengíbar, que no debut medirase ao Betis este domingo. O partido será o sábado 22, ás 18.30 horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...