InicioEconomíaA CE propón aumentar nun 23% a cota da pescada norte e...

A CE propón aumentar nun 23% a cota da pescada norte e reducir nun 14% a capturada no litoral

O Goberno comunitario prevé un incremento do 18% no xurelo do Cantábrico

Publicada o

- Advertisement -

A Comisión Europea propuxo este mércores un aumento do 23% nas posibilidades de pesca da frota comunitaria no 2019 para a pescada dos caladoiros do norte, como o Golfo de Biscaia e Gran Sol.

Este último é o principal caladoiro onde se nutren os buques dos grandes portos mariñaos, os de Burela e Celeiro, que se beneficiarían desta medida.

No caso da pescada do pincho de Celeiro, aproximadamente o 80% das capturas provén do Gran Sol.

Pola contra, as pequenas embarcacións de arrastre de litoral poderían padecer as consecuencias dun novo recorte no tope de capturas da pescada sur.

A Unión Europea contempla unha redución da cota do 14% no tocante á pescada capturada en augas ibéricas, no mar Cantábrico e fronte ás cotas portuguesas.

De aprobarse esta proposición, sería o quinto ano consecutivo no que se recorta o límite permitido.

XURELO

No tocante ao xurelo do Gran Sol e do Cantábrico, o Goberno comunitario prevé incrementos do 20% e do 18%, respectivamente.

GALO E RAPE

Para o galo do Golfo de Biscaia, a previsión é dun aumento da cota do 40%. O Executivo europeo propón recortes no rape, cunha reducción da cota do 7% no Golfo de Biscaia e dun 2% no Gran Sol.

Quedan pendentes por analizar outras pesquerías de importancia como o bocarte do Cantábrico.

NEGOCIACIÓN EN DECEMBRO

Esta repartición forma parte da proposta para os Totais Admisibles de Capturas (TAC) e cotas da frota europea para o Atlántico e o mar do Norte, que os ministerios negociarán na última xuntanza o ano, os días 17 e 18 de decembro.

OBRIGA DE DESEMBARQUE

O 1 de xaneiro entrará en vigor a obriga de desembarque de todos os exemplares capturados polos buques comunitarios, o que significa que todas as capturas terán que levarse aos portos e non poderán tirarse ao mar.

A proposta do Goberno comunitario deduce as cantidades correspondentes ás excepcións acordadas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...