InicioEconomía"2021: Odisea na Pesca"... Expomar tenta debullar os grandes retos do sector

“2021: Odisea na Pesca”… Expomar tenta debullar os grandes retos do sector

A vindeira semana teñen lugr as XXVIII Xornadas Técnicas de Expomar que analizarán a situación pesqueira actual.

Publicada o

- Advertisement -

As XXVIII Xornadas Técnicas de Expomar analizarán o vindeiro xoves 20 de maio a situación pesqueira actual desde a perspectiva da patronal e das administracións europea, central e autonómica.

A DG Mare da Comisión Europea, o Ministerio de Pesca e a Consellería do Mar estarán representadas nas Xornadas Técnicas que a Fundación Expomar organiza a próxima semana baixo o título “2021: Odisea na Pesca“, nunha clara mención ás dificultades e desafíos que ten que afrontar o sector pesqueiro nesta época marcada pola pandemia da Covid-19.

As Xornadas Técnicas 2021 contarán coa participación de Emilia Gargallo, de DG Mare da Comisión Europea; Javier Garat, secretario xeral de Cepesca e presidente de Europeche; Isabel Artime, directora xeral de pesca sustentable do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación; e Rosa Quintana, conselleira do mar da Xunta de Galicia, que se encargará de clausurar esta edición.

RETOS DO SECTOR

Despois da presentación a cargo do presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela, Alfredo Chairo, a directora xeral de Pesca Sustentable do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Isabel Artime, abrirá a xornada co seu relatorio «Principais retos do sector pesqueiro español». Representando á dirección xeral de asuntos marítimos e de pesca da Comisión Europea, Emilia Gargallo realizará o seu relatorio «Estratexia da granxa á mesa: que lle depara ao sector da pesca?».

E finalmente Javier Garat, secretario xeral da Conferedación Española de Pesca (Cepesca) e presidente da Asociación das Organizacións Nacionais de Empresas Pesqueiras da Unión Europea (Europêche) realizará unha «Análise da situación pesqueira» desde a perspectiva do sector empresarial.

A xornada, que terá lugar entre as 10:00h e as 13:00h, estará moderada de novo polo director de Abanca Mar, Javier Fraga, e poderase seguir a través de internet, rexistrándose previamente na web www.expomar.com.

ENCONTRO EMPRESARIAL

O venres 21 pola mañá celebrarase o Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras, que reunirá de maneira virtual ás principais entidades representativas da frota galega e do sector pesqueiro a nivel nacional.

As Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial están organizados pola Fundación EXPOMAR, en colaboración coa Deputación de Lugo e Afundación Obra Social Abanca, e financiadas polo GALP A Mariña Ortegal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...