A maior parte da frota de Burela iniciará a costeira de bonito entre mediados e final de mes

O presidente da Federación Nacional de Cofrarías, Basilio Otero, explica que este ano hai un 12,5% máis de cota que o pasado, o que lle permite estar máis tempo no mar.


O patrón maior de Burela, Basilio Otero, prevé que o “groso” da frota bonitera inicie a costeira deste ano entre mediados e finais deste mes.

O tamén presidente da Federación Nacional de Confrarías explica que os dous pesqueiros “máis grandes” xa comezaron a costeira de bonito “fai 10 ou 15 días”, pero a maioría aínda esperará uns días.

De tal forma, Basilio Otero espera unha “costeira mellor que a do ano pasado”. “Sobre todo porque temos un 12,5% máis de cota e iso permitiranos estar máis tempo no mar”, valora.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here