InicioCentralBurelaBurela ofrécelle á Xunta facer unha “proba piloto” con medidas Covid na...

Burela ofrécelle á Xunta facer unha “proba piloto” con medidas Covid na Feira do Bonito para impulsar o turismo

Lembra que en 2020 tiñan que ter recibido 25.000 euros para esta celebración que non chegaron por mor da pandemia.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela demandou apoio da Xunta para a celebración do V Certame Internacional de Pintura Mural Amarte e para a organización de diferentes actividades paralelas coas que renderlle homenaxe á Feira do Bonito. Esta festa foi declarada de interese turístico nacional en 2019 e todo apunta a que non poderá celebrarse no seu formato habitual este ano por mor da actual situación sanitaria.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, reuniuse nas últimas horas, en Santiago, coa directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, e coa directora de Competitividade deste organismo, María Baleato. O edil burelés lembrou que, tras ser declarada festa de interese turístico, en 2020 pasarían dunha axuda de 5.000 euros a 25.000 euros, pero non foi concedida pola pandemia.

Por parte da Xunta amosaron o seu interese en continuar apoiando este tipo de feiras cun formato seguro. Neste sentido, José Díaz ofreceulle á Xunta facer unha “proba piloto” na Festa do Bonito con medidas específicas ante o Covid para impulsar o turismo. Tamén ofreceu consensuar coa Xunta como celebrar o Certame de Pintural Mural Amarte e eventos paralelos “para que se poidan celebrar con normalidade e con seguridade”.

O responsable de Cultura no Concello de Burela dixo que todo isto será abordado nunha nova xuntanza na que se concretará se, finalmente, hai axuda económica.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...