InicioCentralBurelaAs guerreiras do Burela FS reivindican o seu traballo: "Levamos 700 días...

As guerreiras do Burela FS reivindican o seu traballo: “Levamos 700 días gañando todos os títulos”

O Burela FS luciu a cuarta Liga no Pazo de San Marcos tras unha visita institucional.

Publicada o

- Advertisement -

Patricia González Mota “Peque” reivindicou o traballo do equipo, “que leva 700 días gañando todos os títulos” e reclamou a atención das “institucións deportivas para que o fútbol sala feminino conte cunha competición europea”.

“As nosas horas de traballo son as mesmas que as dos equipos masculinos pero non recibimos o mesmo tratamento, e iso dóenos”, lamentou a fubolista laranxa, nomeada segunda mellor xogadora do mundo de fútbol sala feminino.

Foi nun acto no que as xogadoras laranxas luciron a copa da Liga no balcón do Pazo de San Marcos, en Lugo, e fixeron a foto de familia na praza, tras do lema “Non é gañar, é facer historia”. O deputado de Deportes, Efrén Castro, e a vicepresidenta Maite Ferreiro recibiron ás xogadoras que o domingo logrou o seu cuarto título de Liga de Primeira División Feminina.

VISIBILIZAR O DEPORTE FEMININO

No acto, coa presenza das xogadoras, do corpo técnico, do presidente do club Manuel Blanco e da vicepresidenta Cesarina Fanego, proxectouse vídeo promocional que as xogadoras laranxas gravaron o pasado 2 de xuño na Muralla de Lugo, unha acción na que prestaron a súa imaxe á proxección do deporte lucense e do monumento máis emblemático da cidade de Lugo.

O deputado de Deportes agradeceu ao equipo laranxa “deixase formar parte deste proxecto que está facendo historia a nivel deportivo, converténdose nun referente europeo e mundial, pero tamén social, contribuíndo a visibilizar e poñer o foco no deporte feminino“.  O acto tamén serviu para que as xogadoras expuxeran a súa valoración da traxectoria do equipo, con 9 títulos consecutivos desde 2019.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...