A Mariña acumula todos os concellos en nivel alto da provincia de Lugo

Burela, Viveiro, Cervo, Foz e Ribadeo terán maiores restricións ás reunións de non conviventes.

Familias nas terrazas de Foz. JUAN MAYA

A Xunta vén de actualizar a listaxe de concellos e nivel baixo, medio, alto e máximo de restriciós; un indicador que volve cobrar relevancia porque, á parte de determinar o acceso á hostalaría, a partir de agora tamén incidirá nas reunións de non conviventes. E é que os concellos en nivel alto ou máximo teñen prohibidos estes encontros entre a 1 e as 6 da mañá, que no caso do resto de consistorios se reduce ao límite as 3 ás 6.

A provincia lucense non ten ningún concello en nivel máximo, pero pero si 5 en alto, todos eles na área da Mariña. Trátase de Burela, Viveiro, Cervo, Foz e Ribadeo, onde se celebrará proximamente un novo cribado para tentar conter a transmisión dun virus que, a nivel galego, queda a piques de superar a barreira dos 13.000 positivos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here