InicioCentralBurelaO alcalde de Burela sobre a Covid: "É moi preocupante e está...

O alcalde de Burela sobre a Covid: “É moi preocupante e está subindo dunha forma desbocada”

Pide un cribado masivo entre a mocidade que poderá ser realizado a comezos da semana que vén.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, mantivo esta mañá unha conversa coas autoridades sanitarias ás que lles demandou a realización dun cribado masivo entre a mocidade. O rexedor agarda que se faga a principios da vindeira semana. Mentres apelou á responsabilidade da xente para que cumpra coas normas en vigor, para que se coide e para que acudan a esa chamada do Sergas.

Realmente preocupa a cantidade de contaxios, que están subindo cada día. Isto é impresionante, con respecto a outras datas que tamén foron moi preocupantes en Burela, pero agora están subindo dunha forma desbocada”, dixo. “Isto débese a moitos factores, pero hai que procurar que non inflúa tanto e nos corte a normalidade que tíñamos porque as cuestións sanitarias repercuten en todo”, engadiu nun comunicado.

Por iso, apelou á responsabilidade e á conciencia da veciñanza “porque hai que darse conta do que está ocorrendo e do que pode repercutir”. “Hai que parar inmediatamente estes contaxios masivos que está habendo, sobre todo entre a xente máis nova, pero pode repercutir entre outra xente que non estea vacinada ou que só teña unha dose”, engadiu.

Neste sentido, reclamou que se faga o cribado o antes posible e vai tratar de que sexa nos primeiros días da semana que vén, luns ou martes, nun espazo amplo. “Buscaremos o mellor sitio posible para que poida acudir a máxima xente que chamen e facelo da mellor maneira posible”, sinalou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...