InicioCentralBurelaA pescada de Burela quere conquistar os mercados de Madrid

A pescada de Burela quere conquistar os mercados de Madrid

A nova campaña de OPP Lugo desembarca en Madrid nos buses que percorren as prazas de abastos para difundir a calidade deste produto galego.

Publicada o

- Advertisement -

A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo, en colaboración con Armadores de Burela, iniciou unha nova campaña de promoción da pescada do pincho de Burela para tentar conquistar o merecado de Madrid. A campaña opon o foco no traballo, esforzo e compromiso que hai detrás de cada peza capturada artesanalmente.

Esta acción publicitaria lánzse en Madrid, concretamente no seu transporte público baixo o lema “Merluza a Merluza” enchendo as traseiras e laterais das liñas de autobuses urbanos que conectan as principais prazas e mercados de abastos da cidade. E compleméntase con outras accións divulgativas e publicitarias nos mercados tradicionais, así como con medios dixitais en internet.

Ademais de enxalzar o produto, a campaña pon en valor toda a cadea de produción que hai detrás de cada peza. “É a forma de vida de todas as familias que viven do mar en Burela, onde conviven máis de 40 nacionalidades unidas por esta pesca artesanal… Pescador a pescador, marea a marea, familia a familia…; facendo que este modo de vivir non se perda e siga formando parte de nós: prato a prato, bocado a bocado”, apuntan desde a organización.

A pescada de Burela é capturada de forma individual, “unha a unha” como di a campaña. Péscase con anzol, unha arte de pesca sustentable e artesanal na que o peixe non sofre ningún dano e a súa carne conserva todas as súas calidades, achegando os maiores beneficios para a saúde e o mellor sabor para o noso padal; e respectando o maior nivel de sustentabilidade; principios que tamén comparten os novos consumidores, e por iso a pescada de Burela é para eles o produto ideal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...