A lonxa de Burela resistra un “incremento importante” de capturas e poxas de bonito este 2021

O xerente de ABSA lembrou que o inicio da "costeira do bonito" no mes de xuño foi "frouxo", pero que aumentou moito en xullo.

Bonito na lonxa de Burela. EFE/LUCHO XIL

A lonxa de Burela poxou durante todo o mes de xullo un total de 629 toneladas de bonito, case 130.000 quilos máis que o pasado ano 2020.

O xerente de Armadores de Burela (ABSA), Miguel Neira, detallou que o mes pasado poxábanse eses 629.000 quilos de bonito fronte aos 498.000 quilos do pasado ano. “Houbo este ano en comparación ao ano anterior, a 2020, un incremento importante das capturas e das poxas na lonxa de Burela”, resaltou Neira.

O xerente de ABSA lembrou que o inicio da “costeira do bonito” no mes de xuño foi “frouxo”, aínda que agora remontou coas capturas de xullo e “isto é o que provoca que os números melloren”.

No “acumulado” dos meses de xuño e xullo produciuse un incremento en máis de cen mil quilos, en concreto 103.000 quilos “máis poxados, co que os ingresos se incrementaron en 450.000 euros”, calcula.

Finalmente, Miguel Neira destacou que o prezo que se abona por quilo é de 4,10 euros “o que vén supor unha cifra moi parecida á do ano pasado”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here