Unha bandeira de Cabo Verde para unir aos bulerenses e á súa comunidade caboverdiana

O Alcalde de Burela tamén fixo un balance positivo na Feira do Bonito e das actuacións que se realizaron durante os tres días que durou.

Mural de Marcos Pereira. AXM

O Concello de Burela recibiu como agasallo unha bandeira de Cabo verde feita a man. Francisco Hermida, oficial de enlace da Garda Civil de Cabo Verde, foi quen a trouxo á vila, nunha visita o pasado venres 6. O alcalde, Alfredo Llano, agradeceu o detalle e as labores de mediación realizadas coa comundiade caboverdiana polo oficial.
“A bandeira representa o sentimento cara Cabo Verde, e servirá para que os caboverdianos se vexan representados nesta bandeira”, comentou Llano, quen está moi agradecido pola relación que hai agora entre Burela e Cabo Verde. 
Por outra banda, o alcalde tamén fixo un balance moi positivo da Feira do Bonito a pasada fin de semana, que estivo marcada polas restriccións. “Tivo unha repercusión enorme neses tres días, nos que, sen chegar ao caos, houbo moita xente e todo ben organizado”. O alcalde destacou a labor da hostalaría á hora de ofrecer diferentes tapas e pinchos de bonito, o que foi “un gran atractivo”, e salientou a publicidade que se lle fixo á pesca de Burela como unha pesca “natural e sostible que aposta pola calidade”.
Con respecto aos espectáculos ofertados eses días, como o concerto de Luar na Lubre, Eladio y Los Seres Queridos ou as actuacións do mago Antón, salientou a boa organización. Tamén quixo mencionar o Festival Amarte: “estamos construíndo un museo exterior que xa representa moitas características de Burela”, concluíu.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here