Miguel Neira, xerente de ABSA: “a redución de buques afecta a todos os segmentos da pesca, tanto en altura como baixura”

Miguel Neira é o xerente de Armadores de Burela S.A., a empresa nacida para a xestión da venda de peixe no porto de Burela. O mesmo que outras entidades que operan de maneira semellante, a preocupación agora mesmo é o relevo xeracional na frota pesqueira, sobre todo en mandos e maquinistas. De todas maneiras, ABSA, que hai pouco dixitalizou as poxas de peixe, está tendo bos resultados tanto en cantidade que entra como en vendas.

Miguel Neira, xerente de ABSA/ABSA

-De que maneira se materializa esta S.A., e cal era o cometido que querían darlle?

ABSA constitúese en 1996 e comeza as súas actividades no ano 1997. O obxectivo era aplicar a xestión empresarial á actividade pesqueira. Nun primeiro momento á venda de peixe fresco, unha actividade que levaba a Confraría de Pescadores. En resumo, seguindo coas diretrices marcadas pola UE, decidiuse constituir unha sociedade anónima para levar todo aquilo relacionado coa primeira venda de peixe. Tamén buscabamos a creación e renovación de instalacións coa construción da lonxa de peixe fresco desde a que facemos a actividade.

-Desde eses cambios cales foron as melloras para a comercialización do peixe en Burela?

Principalmente renovar as instalacións e para iso contouse coa implicación do sector. Esas instalacións adaptáronse ás necesidades do porto de Burela cunha nova lonxa de 14.000 metros cadrados de superficie e desde onde se distribúen cada ano 20.000 toneladas de peixe e marisco. Esa foi a grande diferenza, facer todo ese movemento a cuberto nunha lonxa climatizada e moderna. Logo dese primeiro investimento co tempo fóronse facendo melloras para atender as necesidades do sector.

-Desde a construción das novas instalacións, poden seguir o proceso que segue o produto desde que se vende ata que chega ao mercado?

Hoxe en día dase servizo a 354 buques, con 150 compradores para a primeira venda. Co paso dos anos fomos conseguindo unha concentración da oferta do produto e iso leva a unha mellora dos prezos, o que significa estarmos nunha boa posición para sermos competitivos en prezos. Isto conséguese concentrando a oferta e tendo as mellores cotizacións. Ademais diso, os compradores son xente especializada e profesional que permiten a chegada do peixe ao mercado nun espazo de tempo moi breve. Desde 2008 facemosun rexistro integral de información onde se rexistran os resultados das poxas até este ano. Este 2021 completamos o círculo coa automatización total dos procesos.

A lonxa ten 14.000 metros cadrados de superficie desde a que saen cada ano 20.000 toneladas de peixe e marisco

-Desde ABSA cales foron os principais cambios que se viron na frota?

Durante os últimos anos houbo grandes cambios en todos os segmentos de frota, desde a frota de litoral e de palangre e á frota de Gran Sol. Houbo unha renovación moi importante e mesmo aqueles buques que non se renovaron están en proceso de adaptación para que as condicións de habitabilidade melloren o máximo posible.

-Hai algún segmento dentro das artes de pesca que reducira o número de buques?

Houbo unha redución importante en todos os segementos de flota. Por poñer un exemplo, en vinte anos a frota de Gran Sol eran 300 embarcacións no censo de 2003 había 225 barcos e na actualidade quedan 90. Dende 2003 a frota reducese nun 60% mentres q a flota vinculada a ABSA se incrementou nun 15%. Isto significa que no porto de Burela hai unha especialización na captura de pescada do pincho. Co bonito ocorre o contrario, cada vez menos barcos. Hoxe por hoxe, a pescada representa o 60% da actividade con 36 embarcacións, isto converte a lonxa de Burela na principal comercializadora de pescada de pincho.

os compradores son xente especializada e profesional que permiten a chegada do peixe ao mercado nun espazo de tempo moi breve

-A frota do bonito porque se reduciu?

Hai varios factores. O primeiro foi terse sometido a un proceso de reconversión importante, pasando de barcos de madeira a barcos de ferro pensando na captura de peixe espada. Se agora non va tantos barcos é porque non lles resulta interesante. As costeiras son moi breves e á parte, tampouco lles resultará rendible facer todos eses cambios para arranxar os buques que van á captura do bonito. Todo isto sen entrar xa en detalles de interacción e conflictividade con outras frotas como a irlandesa e francesa que usan artes peláxicas. Ademais que seguen á nosa frota para encontrar o bonito e nas horas de descanso aproveitan para botar as redes. Son cousas que pasaron hai anos e iso tamén foi parte da decisión de non ir ao bonito. Aínda así Burela segue sendo o porto máis importante de Galicia para a comercialización do bonito.

-Hai algunha outra especie que aestea tomando peso nas vendas da lonxa?

Aquí comercializamos 110 especies, xunto á pescada e bonito está a xarda ou bertorella desas especies somos un dos principais comercializadores. De momento non se está estudando explotar novas especies. Si hai especies que agora mesmo teñen valor económico mais anos atrás non tiñan.

no porto de Burela hai unha especialización na captura de pescada do pincho

-Cre que as instalacións do porto se ampliarán a medio prazo?

Agora mesmo creo que é un porto en disposición para cubrir as necesidades da frota, aínda que nunca se sabe que cambios pode haber. Agora mesmo considero o porto un espazo equilibrado para dar cuberto as necesidades dos buques. Desde un punto de vista de comercialización e lonxa, aí levaron para adiante as adaptacións necesarias e agora mesmo somos capaces de prestar un servizo que o armador valora. O ano pasado, a pesar da COVID, fomos capaces de atender 354 embarcacións.

-Sobre o relevo xeracional, existe ese relevo ou vén persoal de fóra?

O principal problema é que o relevo afecta a todo o sector, frota de altura e baixura. No caso das tripulacións vanse cubrindo con persoal estranxeiro. Falamos da comunidade caboverdiana, logo viñeron os peruanos e nestes últimos anos hai indonesios. Isto resolve o problema de mariñeiros, mais non hai unha solución inmediata para mandos e maquinistas. Se non hai unha solución será un problema difícil de resolver. Desenvolvendo programas de FP dual, achegarnos ás escolas para explicar como é o traballo para mostrar a realidade aos alumnos de ponte e máquinas. Aínda así é unha situación complicada.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here