InicioCentralBurelaBurela mostrará o seu apoio aos traballadores de Vestas no próximo pleno...

Burela mostrará o seu apoio aos traballadores de Vestas no próximo pleno do Concello

Alfredo Llano lembrou a reunión de todos os alcaldes da Mariña co comité de empresa en Viveiro. Desde esa reunión decidiuse presentar por unanimidade a iniciativa de apoio aos traballadores de Vestas en todos os concellos.

Publicada o

- Advertisement -

O pleno do Concello de Burela celebrarase este xoves, 30 de setembro, ás 20:00 horas e será presencial ademais de poder seguirse vía streeming. Neste pleno someterase a aprobación definitiva a conta xeral de 2020, tras concluír o período de alegacións. O alcalde, Alfredo Llano, dixo que non foi presentada ningunha e subliñou a fluidez económica do Concello burelés. Tamén irá a pleno unha moción de apoio aos traballadores de Vestas, en Viveiro, tal e como acordaron os alcaldes no encontro que mantiveron o pasado venres.

Alfredo Llano anunciou que “a este pleno vai ir a aprobación definitiva da conta xeral, que xa foi informada e debatida na mesa xeral de economía no Concello. Houbo un prazo de alegacións e non se presentou ningunha, polo tanto estamos en condicións de aprobala definitivamente neste pleno”.

O alcalde burelés destacou que “a conta xeral do Concello de Burela concreta unha serie de especificacións durante o ano 2020 con respecto á economía deste Concello. Aí figura todo o que fixo tanto en pagos como en cobros e na recepción de axudas“. Llano sinala a fluidez económica reflectida no remanente de tesourería que temos. O alcalde burelés espera que non haxa ningún problema para aprobar este punto como o relativo a temas laborais internos do Concello.

VESTAS

Por outra parte, o alcalde de Burela anunciou que “imos levar unha moción conxunta, que espero que os tres grupos aprobemos sen ningunha dificultade, sobre Vestas, a factoría de Viveiro que queren pechar a 31 de decembro deixando sen traballo a unhas 115 persoas”.

Alfredo Llano lembrou a reunión de todos os alcaldes da Mariña co comité de empresa en Viveiro. Desde esa reunión decidiuse presentar por unanimidade a iniciativa de apoio aos traballadores de Vestas en todos os concellos. “Penso que é unha obriga para os traballadores e para toda a comarca da Mariña” declarou o alcalde burelés.

Alfredo Llano dixo que “o luns pasado houbo unha reunión entre a Xunta e os traballadores de Vestas, onde se constitúe unha comisión que vai estudar oportunidades para que a empresa non deixe a Mariña”. Llano engadiu que nesa comisión deben estar representados todos os alcaldes, “ou polo menos cando se traten temas que correspondan aos plans de industrialización para a comarca”. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...