InicioCentralBurelaBurela programa unha axenda cultural para outubro con espectáculos infantís e teatro...

Burela programa unha axenda cultural para outubro con espectáculos infantís e teatro para adultos

Todos os eventos seguirán o protocolo covid: máscara, hidroxel e distancia de seguridade.

Publicada o

- Advertisement -

A programación cultural do Concello de Burela para o mes de outubro inclúe espectáculos infantís e teatro para adultos.

Este sábado, día 9, chegará á vila Pakolas co seu concerto Ramona Órbita, a dona do tempo a partires das seis da tarde na Casa da Cultura. A cita, que se enmarca no programa Ler Conta Moito, está destinada a nenas e nenos de 3 a 10 anos. A entrada será de balde.

O dia 16 tamén ás seis da tarde na Casa da Cultura e dentro do mesmo programa Caxoto fará as delicias dos máis pequenos de 0 a 3 anos con Levántate Xan!

O 22 de outubro a compañía Xucrutt Teatre porá en escena Vaia Tea ás 20 horas na Casa da Cultura. A obra, para maiores de 12 anos, está incluída no Proxecto Comercio Xusto Solidariedade Internacional de Galicia.

O día 23 volver Ler Conta Moito con Música Miúda en concerto a partir das seis da tarde. O espectáculo é para nenas e nenos a partir de 3 anos. Entrada libre ata completar aforo.

E o 30, dentro do Ciclo de Teatro Afeccionado da Deputación Provincial de Lugo, O Centiño de San Martiño (Foz) representará Vaia faena, a corentena. Será ás 20 horas na Casa da Cultura. Entrada libre ata completar aforo.

Todos os eventos seguirán o protocolo covid: máscara, hidroxel e distancia de seguridade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...