InicioCentralBurelaO alcalce de Burela convida ao presidente electo de Cabo Verde a...

O alcalce de Burela convida ao presidente electo de Cabo Verde a visitar o concello

O Concello de Burela recolleu 314 gafas do 14 ao 19 de outubro coa campaña “As miñas lentes as túas lentes”, que puxo en marcha a Delegación de Medio Ambiente en colaboración con Urbaser e Médicos Mundi, con motivo da celebración do día internacional da visión.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela recolleu 314 gafas do 14 ao 19 de outubro coa campaña “As miñas lentes as túas lentes”, que puxo en marcha a Delegación de Medio Ambiente en colaboración con Urbaser e Médicos Mundi, con motivo da celebración do día internacional da visión.

A concelleira Toñi Eijo dixo que “ao longo de 4 días, dende o 14 ao 19 de outubro, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 h, instalouse un stand en diversos puntos do pobo: na Praza do Concello, en Arcadio Pardiñas, Pardo Bazán e na Praza da Mariña, para recoller aquelas lentes que a poboación xa non necesitaba, e así darlles unha segunda vida, e desta forma axudar ás persoas que máis o precisan”.

A edil de Medio Ambiente explicou que “as lentes recollidas, despois de ser sometidas a un proceso de selección e clasificación, serán enviadas aos proxectos de saúde visual para a súa distribución entre a poboación afectada por cegueira, principalmente en Marrocos, Burkina Faso e Guatemala”. As lentes que non sexan reutilizadas serán destruídas ecoloxicamente separando os diferentes compoñentes e procedendo á súa reciclaxe.

Esta mañá Toñi Eijo entregoulle a persoal de Urbaser todas as lentes recollidas, un total de 314. A concelleira burelesa subliñou que “o certo é que estamos moi contentos coa acollida desta iniciativa, que demostra unha vez máis a gran solidariedade dos nosos veciños e veciñas, polo que non descartamos participar en máis campañas solidarias”. Eijo agradece “a colaboración a toda a cidadanía que atendeu esta chamada á solidariedade”.

O ALCALDE DE BURELA CONVIDA AO PRESIDENTE ELECTO DE CABO VERDE

O alcalde, Alfredo Llano, vén de felicitar a José Mª Neves, gañador por maioría absoluta das eleccións presidencialistas de Cabo Verde. Parabéns que lle fixo chegar a través do embaixador da república caboverdiana en España, Manuel Ney Monteiro Cardoso.

Llano lembrou que “José Mª Neves xa estivo en Burela no ano 2007 e despois coincidimos noutro acto en Zaragoza”. E explicou que “esta mañá falei co embaixador de Cabo Verde en España, Manuel Ney Monteiro Cardoso, para enviarlle a nosa felicitación ao novo presidente, elixido por maioría absoluta nos comicios celebrados o pasado domingo. A comunidade caboverdiana que reside en Burela puido participar nese proceso electoral votando na mesa instalada no salón de conferencias”.

O alcalde burelés dixo que “nos gustaría seguir a estreitar lazos e que o novo presidente da República de Cabo Verde puidese visitar Burela de novo. E así llo dixen esta mañá a Monteiro Cardoso”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...