InicioCentralBurelaBurela remata as obras de peche perimetral do campo de fútbol da...

Burela remata as obras de peche perimetral do campo de fútbol da Marosa

O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, explicou que se cambiou o peche dos fondos sur e este, porque estaba moi deteriorado, procedeuse á mellora da canalización das augas pluviais e da accesibilidade aos baños e cambiáronse os banquillos.

Publicada o

- Advertisement -

As obras de mellora do peche perimetral do campo da Marosa remataron a súa 2ª fase das obras de mellora do peche perimetral do campo de fútbol de herba artificial da Marosa, que supuxo un investimento de máis de 35.000 euros.

O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, explicou que se cambiou o peche dos fondos sur e este, porque estaba moi deteriorado, procedeuse á mellora da canalización das augas pluviais e da accesibilidade aos baños e cambiáronse os banquillos. Fernández Rey e o alcalde, Alfredo Llano, supervisaron os traballos e destacaron que se trata dunhas obras que eran moi demandadas.

O edil burelés subliñou que “é unha moi solicitada polos usuarios do campo e necesaria basicamente por temas de seguridade. Esta era a segunda fase desta obra, que consistía no peche perimetral do campo de fútbol de herba artificial”. Durante a primeira fase arranxáranse os lados norte e oeste, financiado con fondos municipais. Para esta segunda parte o concello recibiu unha axuda da Deputación Provincial de Lugo.

Fernández Rey dixo que “estaba en mal estado e era unha reclamación que nos viñan facendo desde a Sociedade Deportiva Burela e desde Porto de Burela, que son os usuarios das instalacións”. O concelleiro remarcou que esta parte do campo é unha zona onde pega o salitre do mar complicando o mantemento dos materiais.  Para Ramiro Fernández “isto é unha mostra máis da aposta que fai este Concello, especialmente desde a Área de Deportes e tamén o alcalde, que está volcado co tema deportivo, polas instalacións municipais”.

Fernández contou que “con esta obra tamén houbo algún problema cos materiais, polo que se retrasou e tivemos que pedir unha prórroga á Deputación para poder realizala en prazo e forma”, debido á crise de fornecemento de material.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...