Finalizan as sesións formativas afectivo sexuais “Burela Coñécete”

Esta actividade foi organizada pola Concellaría de Muller e Igualdade de Burela.


A pasada semana remataron nos Ceips Plurilingües Vista Alegre e Virxe do Carme as sesións formativas do Programa de Educación Afectivo Sexual Coñécete, impartido pola psicóloga-sexóloga Raquel Graña.

O programa está dirixido ao alumnado de 6º de primaria e os temas principais a tratar son a autoestima, a empatía, a intelixencia emocional, as relacións interpersoais, a hixiene e os cambios corporais.

Esta actividade foi organizada pola Concellaría de Muller e Igualdade de Burela.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here