O Monte Castelo de Burela estrea telescopio panorámico

O alcalde da localidade, Alfredo Llano, considera que será unha peza que reforce o atractivo da área recreativa do Monte Castelo.


A área recreativa do Monte Castelo conta cun telescopio panorámico que se ven de instalar e que será un novo atractivo tanto para Burela como para esa zona, segundo o alcalde, Alfredo Llano.

O rexedor burelés informou tamén que se contou que “se colocará tamén un panel informativo onde se pode apreciar todo o litoral, o que tamén será unha axuda para orientar o telescopio a aqueles sitios onde se queira dirixir”.

Para Llano “isto é un atractivo máis para a área recreativa do Monte Castelo e para Burela. Todos somos partícipes disto e debe ser considerado como un patrimonio común e compartido de toda a xente de Burela e dos que veñan visitarnos“. Debemos coidar que iso siga aí ben en todos os momentos, que estea sempre funcionando perfectamente e que sirva para contemplar as marabillas e a extraordinaria visión que se pode apreciar desde o Monte Castelo.

O alcalde burelés engadiu tamén que “na Vila do Medio, onte está a fonte e o lavadoiro, esa zona etnográfica na que hai cerca un muíño, tamén se está preparando para que sexa atractiva e que a xente que vaia facendo a ruta se poida sentar e descansar e incluso merendar nas mesas que se están a colocar”.

Alfredo Llano subliñou que “con todo isto trátase de que Burela teña máis atractivos para animar á xente a visitarnos, que vaia ata a área recreativa do Monte Castelo e que faga algunha das rutas de sendeirismo, o que é moi bo para facer educación física pero tamén cultural e etnográfica”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here