InicioCentralBurelaBurela celebrará o 15 de decembro o concerto Música en Familia

Burela celebrará o 15 de decembro o concerto Música en Familia

Será a partires das 20 horas no auditorio da Casa da Cultura.

Publicada o

- Advertisement -

O vindeiro mércores, 15 de decembro, terá lugar o tradicional concerto de Música en Familia da Escola Municipal de Música de Burela. Será a partires das 20 horas no auditorio da Casa da Cultura.

O director do centro, Xan Carballal, lembrou que “esta é unha cita que a nosa escola ven ofrecendo dende o seu inicio e que lamentablemente vímonos na obriga de interrompelo o ano pasado por mor da pandemia”.

Carballal subliñou que “como é habitual, o concerto estará levado polas agrupacións de coro, banda, orquestra, grupo de rock, grupo de jazz e os alumnos e alumnas de música e movemento e formación básica”.

E engadiu: “en canto ao repertorio, presentaranse obras propias destas agrupacións de tódalas épocas e pasando por estilos coma o clásico ata a música popular”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...