InicioCentralBurelaExpomar organiza este mércores na Confraría de Pescadores unha xornada sobre nutrición

Expomar organiza este mércores na Confraría de Pescadores unha xornada sobre nutrición

Por outra parte o Concello de Burela anuncia que o Delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, visitará mañá a localidade. Está previsto que a partir das 13:15 horas asine no libro de honra do Concello.

Publicada o

- Advertisement -

A Fundación Expomar organiza unha xornada sobre nutrición que se celebrará mañá pola tarde na confraría de pescadores de Burela. O alcalde burelés e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, anima a asistir a esta sesión informativa na que tamén haberá degustación de especies pesqueiras.

O rexedor considera que é unha boa iniciativa, a través da Fundación Expomar, “facer unha xornada informativa e de degustación de especies pesqueiras porque unha das razóns polas cales existe a Fundación Expomar é para a defensa de todo o que sexa o sector náutico pesqueiro“. Segundo Llano, a Fundación Expomar esta para promocionar, difundir, divulgar e facer o necesario para que sexa apreciado por todo o mundo, porqué razón é importantísimo o sector pesqueiro.

Alfredo Llano pensa que estas xornadas veñen demostrar os beneficios de todo o peixe no sistema de alimentación en todas as idades. Tamén se debe ter en conta a importancia do sector pesqueiro no concello con respecto ao movemento económico, social e mesmo cultural. De maneira especial, Llano engadiu que se debe ter en conta que o produto do mar “é natural ao cen por cen e todos os especialistas coinciden en dicir que o peixe como alimento é do mellor que pode haber. Polo tanto, queremos darlle importancia ao sector pero tamén ao produto”.

O alcalde de Burela sinalou ademais que esta xornada vai ser na confraría de pescadores, a partir das cinco e media. Ademais de citar a todos e a todas as interesadas, afirmou que se falará dos moitos beneficios do peixe na alimentación. “Queda invitado todo o mundo que poida acudir” sinalou.

Lembrou que as conferencias serán impartidas por especialistas importantes e ao remate das mesmas haberá debate. Na xornada abordaranse entre outras cuestións a dieta atlántica e a súa importancia na poboación xeriátrica, nutrición e ril, manexo nutricional da diabetes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...