O documental ‘Lembranzas do Nadal de Burela’ fai un percorrido histórico sobre estas datas na localidade

O autor do vídeo é Paco Salgueiro. Para o alcalde, Alfredo Llano, é un repaso pola historia da vila con testemuñas de diferentes épocas.


O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o concelleiro de Cultura, José Díaz, mantiveron unha reunión coa cronista oficial, Herminia Pernas, e con Paco Salgueiro, autor do vídeo documental Lembranzas do Nadal de Burela, que se vai proxectar no auditorio municipal o día 3 de xaneiro ás 20 horas.

O edil burelés explicou que “é un traballo audiovisual que recompila información desde os anos 40 de cómo era o Nadal en Burela, con imaxes e con declaracións de veciños”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here