InicioCentralBurelaBurela celebra o Día da Educación Ambiental coa charla "Os inodoros non...

Burela celebra o Día da Educación Ambiental coa charla “Os inodoros non son papeleiras”

Esta charla intenta concienciar aos rapaces da necesidade de non usar o wc coma se fosen papeleiras, profundando na gran problemática tanto medioambiental coma económica que supón desbotar desperdicios polo inodoro.

Publicada o

- Advertisement -

Burela celebrou este mércores, 26 de xaneiro, o Día da Educación Ambiental, efeméride que pretende concienciar ás persoas sobre a importancia de coidar o medio ambiente, de protexer a flora e a fauna, de xestionar correctamente o lixo, de facer un uso sostible dos residuos…en definitiva, de concienciar á poboación de que as nosas actuacións teñen repercusións sobre o medio ambiente.

Para celebrar este día dende Gaia, pertencente á Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Toñi Eijo, organizou unha charla cos alumnos de 4° de Primaria do CEIP Virxe do Carme, que baixo o título Os inodoros non son papeleiras nin contedores “intenta concienciar aos rapaces da necesidade de non usar o wc coma se fosen papeleiras, profundando na gran problemática tanto medioambiental coma económica que supón desbotar desperdicios polo inodoro, como ocorre actualmente coas toalliñas húmidas. Aínda que nos envases poñen que son biodegradables e se poden botar polo inodoro, a realidade é que na grande maioría dos casos non é certo e atascan a rede de saneamento e as depuradoras residuais”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...