InicioCentralBurelaPresentación en Burela do libro “Dona Constanza de Castro toma a fortaleza...

Presentación en Burela do libro “Dona Constanza de Castro toma a fortaleza de Vilaxoán” este venres

O autor, Antón Meilán, presentará o libro nun acto está organizado por Porxecto Neo coa colaboración da Vicepresidencia-Área de Cultura da Deputación de Lugo.

Publicada o

- Advertisement -

A Casa da Torre de Pedro de Bolaño é o lugar escollido en Burela para a presentación este venres 11 ás 16:00 horas do libro de Antón Meilán Dona Constanza de Castro toma a fortaleza de Vilaxoán. Loita, resistencia e morte. O libro está editado pola Vicepresidencia-Área de Cultura da Deputación de Lugo e o propio autor estará no acto para presentar o seu traballo.

A publicación insérese dentro das actividades e accións reivindicativas con que entidades da Terra Chá e concellos limítrofes están a demandar que Caldaloba, en Cospeito, pase a propiedade pública para a súa recuperación e posta en valor.

Antón Meilán, autor do libro describe o libro como “os derradeiros aconteceres do tráxico final de Pardo de Cela xunguiron a torre fortaleza de Vilaxoán á historia mariscaliana, pois unha vez que é degolado en Mondoñedo, xunto co seu fillo Xoán Núñez de Pardo, a súa filla dona Constanza de Castro e o seu marido, Fernán Ares de Saavedra, aconsellados por familiares e amigos, deciden «furtar» a torre fortaleza de Vilaxoán, chamada tamén de Caldaloba (Cospeito) para trataren de vencer ás tropas dos Comisionados reais e recuperar os bens do pai, que lle foran incautados nada máis ser asasinado”

Meilán continúa debullando o seu traballo describindo que nesta torre fortaleza “resisten máis dun ano enfrontándose non só ao exército do reino de Castela, dirixido e representado en Galicia polo Xustiza Maior, D. Diego López de Haro, senón tamén ás tropas dos Andrade e ás de Álvaro González de Ribadeneira, que se xuntaron ás castelás para combater a dona Constanza e a Fernán Ares. Unha vez que dona Constanza morre envelenada pola inxesta da auga podre do pozo, e todos os demais «adolesçieron», menos tres, entre os que estaba Fernán Ares de Saavedra, depoñen a loita. Nesta publicación estúdianse os pormenores do cerco, o envelenamento das augas e faise unha comparanza co final do cerco de Caldaloba co de Pardo de Cela en Mondoñedo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...