O Consello da Cultura Galega presenta en Burela o proxecto audiovisual ‘Aquí Medra a Lingua’

A presentación terá lugar no IES Perdouro de Burela, un dos espazos escollidos para amosar o seu modelo lingüístico, no marco dunha xornada na que participa o alumnado do centro.


O Consello da Cultura Galega presenta o vindeiro luns 21 de marzo Aquí medra a lingua. Trátase dun proxecto audiovisual que amosa experiencias de dinamización no uso do galego na escola a partir de seis centros repartidos por toda Galicia.

A presentación terá lugar no IES Perdouro de Burela, un dos espazos escollidos para amosar o seu modelo lingüístico, no marco dunha xornada na que participa o alumnado do centro.

Estarán presentes Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), María José Pardiñas, a directora do centro; Natalia Irimia, xefa de normalización lingüística do IES e un dos alumnos participantes no documental, que explicarán as características do proxecto audiovisual así como as claves do modelo lingüístico deste centro.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here