InicioCentralBurelaA comisión de festas de Burela comeza a recollida de donativos para...

A comisión de festas de Burela comeza a recollida de donativos para as Patronais que serán do 3 ao 6 de xuño

A concelleira de Festexos, Toñi Eijo, sinala que "esperamos ter axuda tanto de comercio como de hostalería, tamén temos unha conta aberta en Abanca para que calquera particular que queira dar un donativo poida facelo”.

Publicada o

- Advertisement -

As festas patronais de Burela desenvolveranse do 3 ao 6 de xuño. A comisión organizadora comeza hoxe a pedir donativos polos negocios locais, segundo anunciou a concelleira de Festexos, Toñi Eijo.

A edil burelesa explicou que “a comisión de festas vai saír á rúa a pedir donativos polo comercio e pola hostalería para as festas de Burela, que serán os días 3, 4, 5 e 6 de xuño. Intentamos ter a colaboración máxima porque este ano non está a situación como cando fixéramos as últimas festas. Entón esperamos ter axuda tanto de comercio como de hostalería, pero tamén temos unha conta aberta en Abanca para que calquera particular que queira dar un donativo, aínda que sexan 2 euros, poida facelo; vennos todo xenial”.

Toñi Eijo dixo que “xa temos contratadas as orquestras, pero para o resto do programa contaremos co que se vaia recadando para facer unhas cousas ou outras. Se recadamos o diñeiro necesario e temos a sorte de que se poida facer todo o que se facía nos últimos anos así o faremos. As orquestras que virán son: América, Saudade, Dimensión, Salvaxe, Ritmo Joven, El Combo Dominicano, Solara e Panorama”. As Encaixeiras de Burela colaborarán coa comisión organizadora das festas patronais de 2022.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...