InicioCentralBurelaAcción para a alfabetización de adultos en Burela para a aprendizaxe dos...

Acción para a alfabetización de adultos en Burela para a aprendizaxe dos idiomas oficiais en Galicia

A concelleira Noelia Ben comentou que “con esta formación trátase de axudar a lograr unha adquisición lingüística favorable para o bo desenvolvemento tanto na vida social como laboral”.

Publicada o

- Advertisement -

O Programa de Inmigrantes da Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración de Burela vai organizar de novo unha acción formativa de alfabetización de adultos/as para a aprendizaxe dos idiomas oficiais que se falan en Galicia. Está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta e polo Fondo Social Europeo e comezará o 1 de abril.

Noelia Mª Ben comentou que “con esta formación trátase de axudar a lograr unha adquisición lingüística favorable para o bo desenvolvemento tanto na vida social como laboral das persoas estranxeiras, xa que entendemos que o bo coñecemento e o bo uso do idioma é un dos motores principais para a integración integral”.

As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse á Casa do Concello ou chamando por teléfono ao 982 58 60 00 ou 982 58 06 09.

A concelleira de Inmigración e Integración lembrou que “segue aberto o prazo para a participación nos Concursos de Lemas e Debuxo-Pintura do Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...