InicioCentralBurelaExpomar organiza este 28 de abril as Xornadas de Nutrición e Saúde...

Expomar organiza este 28 de abril as Xornadas de Nutrición e Saúde Mental na Casa da Cultura en Burela

As xornadas que levan o nome "Mens Sana in Corpore Sano" buscan que a sociedade sexa consciente da importancia de coidar a saúde mental a partir dunha alimentación saudable.

Publicada o

- Advertisement -

A Fundación Expomar organiza este xoves as Xornadas de Nutrición & Saúde Mental “Mens Sana in Corpore Sano”, nas que participarán representantes das principais asociacións da contorna, como a Asociación Saúde Mental A Mariña, a Fundación Eu Son ou AFAN Burela.

A Fundación Expomar organiza este xoves 28 de abril as Xornadas de Nutrición e Saúde Mental “Mens Sana in Corpore Sano”, que terán lugar na Casa da Cultura de Burela a partir das 18:30h.

A xornada consistirá nunha charla informativa sobre nutrición e unha mesa redonda sobre “A Saúde Mental na Mariña Lucense”, que estará moderada polo nefrólogo do Hospital da Mariña Secundino Cigarrán e na que participarán representantes das principais asociacións da contorna, como a Asociación Saúde Mental A Mariña, a Fundación Eu Son ou a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Enfermidades Neurodexenerativas de Burela.

María José Novoa, directora técnica xerente de “A Mariña Saúde Mental”, defende que «a sociedade ten que ser máis consciente da importancia de coidar a saúde mental e para iso debemos poñer o foco tamén nunha alimentación saudable. Nos nosos centros facémolo a través dos programas de educación para a saúde, como “Coidando de min” ou “Velando pola miña saúde integral”, motivando o consumo de produtos saudables e do noso mar».

Gema Fernández Rey, psicóloga “AFAN Burela”, indica que «a prevención das demencias comeza por manter uns hábitos de vida saudables ao longo de todo o ciclo vital. Por iso, desde AFAN Burela temos como obxectivo a curto prazo implantar programas especializados de prevención e detección precoz destas doenzas dentro do noso ámbito de actuación, para o que precisamos que as entidades locais da Mariña central e oriental nos brinden a súa colaboración»

Pola súa parte, Noelia Eijo Quelle, directora da “Fundación Eu Son”, asegura que «cando a mellora do benestar persoal está nos nosos hábitos e costumes, a prevención depende de nós». Previamente a xornada comezará ás 18:30h coa intervención da directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, Mercedes Rodríguez Moreda, e do presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela, Alfredo Llano.

Antes da mesa redonda celebrarase a conferencia “Como alimentar o noso cerebro para mantelo xove” a cargo do doutor Miquel Aguilar Barberá, neurólogo de Àptima Hospital Universiatio Mutua de Terrasa.

O acceso será libre e desde a Fundación Expomar anímase a tódolos veciños da Mariña que asistan a unhas xornadas nas que se tratarán temas moi importantes para axudarnos a levar unha vida saudable.

O presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, destaca que “con esta actividade pretendemos promocionar o sector pesqueiro a través do consumo de peixe, e de paso fomentar unha alimentación máis saudable e poñer en valor o traballo das distintas asociacións que traballan no mundo da saúde mental aquí na Mariña”.

As Xornadas de Nutrición & Saúde Mental “Mens Sana in Corpore Sano” están promovidas pola Fundación EXPOMAR e financiadas polo GALP A Mariña Ortegal, contando tamén coa colaboración do Concello de Burela e das asociacións Saúde Mental A Mariña, AFAN Burela e Fundación Eu Son.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...