InicioCentralBurelaAlumnado do colexio Vista Alegre de Burela viven unha experiencia de intercambio...

Alumnado do colexio Vista Alegre de Burela viven unha experiencia de intercambio en Bélxica

Os e as alumnas burelesas participan dentro do seu programa Erasmus+, Friends for Our Planet!. Unha experiencia de aprendizaxe na localidade belga de Balen.

Publicada o

- Advertisement -

Dezaoito alumnos e alumnas de 6º de primaria do CEIP Vista Alegre de Burela xunto con catro profesores e profesaras, participan no proxecto Erasmus+, Friends for our planet! Dito proxecto estase realizando na localidade de Balen en Bélxica dentro dun evento de aprendizaxe (short term learning event), concretamente no centro GBS De Bosmier.

A coordinadora do programa Tara Suárez explica que “decidimos retomar esta experiencia tan especial logo de dous anos sen realizar por causa da COVID”. Suárez sinalou que a viaxe comezou “o xoves 28 de abril e voltaremos a Burela o 5 de maio”.

Entre as actividades que están a realizar este grupo do Vista Alegre está a visita ao GBS de Bosmier “o noso socio belga onde realizamos xogos e obradoiros relacionados co coidado do planeta, como manualidades con material de refugallo, busca do tesouro con preguntas sobre os retos de enerxía, contaminación e lixo que é o eixo central do proxecto”. Comparten experiencias co alumnado de 5º e 6º do centro educativo blega que tamén visitará o Vista Alegre a finais de maio en Burela e as súas familias. “Con eles pasaremos unha tarde e que ademais, nos están acompañando en todas as actividades que estamos a realizar”.

O grupo tamén visitou Amberes, a súa estación central, o seu gran porto e o zoo, o máis antigo do país. Entre as actividades de ocio están a visita ao parque de atraccións Bobbejaanland, o parque acuático Sunparks e o parque de aventura Zilvermeer, “onde realizaremos actividades deportivas en colaboración cos compañeiros belgas”.

A relación entre o Vista Alegre e o GBS De Bosmier comezou no 2001 “da man da nosa ex directora Gema Cillero e Greet Snoekx, a directora belga. A viaxe está a ser unha experiencia extraordinaria para o noso alumnado e será o broche perfecto para rematar o seu paso polo noso colexio” destaca Suárez.

Para seguir toda a información da viaxe, imos publicando cada día, no blog do proxecto europeo do centro un breve resumo do realizado: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistaalegre/taxonomy/term/202

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...