Alfredo Llano asiste á degustación de bonito promovida por Expomar nas xornadas “Mens sana in corpore sano”

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, desprazouse este mediodía ata Cervo para acompañar ao persoal e aos usuarios do centro da Asociación de Saúde Mental da Mariña na degustación deste exquisito produto, xunto coa directora xerente, María José Novoa, e o xerente da Fundación Expomar, José Manuel González López (Brais).


Continúan as Xornadas de nutrición e saúde mental “Mens sana in corpore sano” da Fundación Expomar, nesta ocasión coa degustación gastronómica do bonito do norte na Unidade Residencial da Asociación de Saúde Mental da Mariña en Cervo e no Centro de día da Fundación eu Son de Burela.

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, desprazouse este mediodía ata Cervo para acompañar ao persoal e aos usuarios do centro da Asociación de Saúde Mental da Mariña na degustación deste exquisito produto, xunto coa directora xerente, María José Novoa, e o xerente da Fundación Expomar, José Manuel González López (Brais).

Nesta iniciativa que forma parte das actividades integradas nas Xornadas de nutrición e saúde mental, financiadas polo Galp Mariña-Ortegal, as persoas do centro celebraron o xantar arredor dun produto emblema de Burela, como é o bonito do norte, cunhas calidades gastronómicas recoñecidas en todo o mundo.

O rexedor acompañou ao residentes no xantar, subliñando “esta oportunidade de degustar un produto ben coñecido por todos nós, un manxar que ademais prepararon cunha receita inmellorable”, agradecendo a boa acollida e atención “como sempre que vimos ata aquí”. Nesta liña, fixo fincapé nos “beneficios que ten o peixe natural para a saúde, tanto mental como física, nocións que vimos de tratar na conferencia celebrada a semana pasada dentro destas xornadas con expertos de primeiro nivel”.

Na degustación, puideron probar dúas combinacións distintas, o bonito de Burela en rollo con patacas, e a ventresca de bonito de Burela con tomate e aguacate. O xoves da vindeira semana volverá a repetirse a degustación, neste caso co polbo da mariña, na derradeira actividade das xornadas “Mens Sana in corpore sano”, que clausurará no Centro de día da Fundación Eu Son a concelleira de Mar, Carmela López.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here