InicioCentralBurelaA obra "Tras os vieiros de Florencio" representarase en Burela en conmemoración...

A obra “Tras os vieiros de Florencio” representarase en Burela en conmemoración do Día das Letras Galegas

O concelleiro de Cultura, Jose Díaz, convida a todas as persoas a asistir ao espectáculo para achegarse á figura do escritor homenaxeado este ano, Florencio Delgado Gurriarán, “e que mellor forma de facelo que desde o humor e a maxia acudindo este domingo á Casa da Cultura con entrada gratuíta”

Publicada o

- Advertisement -

O Domingo 15 de maio ás 19:00 horas dentro do programa de dinamización lingüística #FalaRedes será representado na Casa da Cultura de Burela “Tras os vieiros de Florencio”, espectáculo da compañía Fantoches Baj que mostra a traxectoria, a obra e máis a poética do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas: Florencio Delgado Gurriarán.

Esta peza de teatro de obxectos dirixida preferentemente a público adolescente e adulto parte dun documento excepcional sobre a vida do poeta valdeorrés, que é a longa entrevista que él lle concedeu a Dolores Pla en Agosto de 1979 na súa casa de Guadalaxara (México) para o “Archivo de la Palabra”. Os textos desta entrevista mestúranse en “Tras os vieiros de Florencio” cos poemas do autor, os cales xiran arredor de tres eixes: poesía galeguista, poesía festiva e paisaxística e poesía intimista.

No espectáculo ten moita importancia a banda sonora, creada a partir de temas tradicionais que gravou o guitarrista Antonio Bravo, especialista no Cancioneiro Galego de Jesús Bal y Gay.

SINOPSE

Na década dos 60, logo duns días exercendo de visitador farmacéutico pola contorna de Guadalaxara, Florencio Delgado Gurriarán chega á casa canso, cheo de sede e cargado co seu maletín. Ante a presenza inesperada dos espectadores describe o seu día a día de axente comercial pola rexión. Pouco a pouco, axudándose dos elementos que leva no maletín e embargado pola saudade, van aflorando as lembranzas do seu Córgomo natal, a guerra, a chegada ao seu país de acollida e algúns momentos festivos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...