InicioM.ambiente e PatrimonioAlumnado do CEIP Virxe do Carme plantan un horto nos xardíns do...

Alumnado do CEIP Virxe do Carme plantan un horto nos xardíns do colexio

Unha actividade con multitude de beneficios para os máis pequenos, unha proposta saudable alternativa que creará a futuro uns hábitos que pretenden combater o sedentarismo a través do desfrute e da conexión coa natureza.

Publicada o

- Advertisement -

Nos xardíns do Ceip Virxe do Carme comezarán a medrar a partir deste venres pementos, calabacíns, leitugas e outros produtos. As monitoras da aula Gaia, dependente da delegación de Medio ambiente do Concello de Burela, prepararon unha zona como sementeiro no colexio e esta mañá plantaron un pequeno horto xunto coas nenas e nenos de 5º de primaria.

Unha actividade con multitude de beneficios para os máis pequenos, unha proposta saudable alternativa que creará a futuro uns hábitos que pretenden combater o sedentarismo a través do desfrute e da conexión coa natureza.

Os escolares foron plantando as distintas sementes guiados polas monitoras, unha motivación para formar parte do proceso de cultivo e coñecer os ciclos naturais da terra que lles permitirán observar como xermina o traballo realizado no día de hoxe.

Desde a Aula Gaia sinalaron a repercusión positiva de poñer a horta cos nenos, unha actividade que os vencella á natureza, na que comprenden o valor do autoconsumo e do consumo responsable e na que se van familiarizando cos alimentos e adquirindo hábitos saudables.

Un lecer distinto que contribúe á socialización entre eles e á adquisición de responsabilidades, aprendendo a cultivar e traballar a terra nun ambiente de respecto e coidado do medio.

Esta actividade enmárcase dentro da programación Gaia para o curso lectivo 2021-2022, con multitude de propostas aos centros educativos tendo como fundamento a educación medioambiental.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...