InicioCentralBurelaBurela presenta a IV Edición da carreira 15K A Mariña Banco Mediolanum...

Burela presenta a IV Edición da carreira 15K A Mariña Banco Mediolanum que se celebra este domingo 19

Ademais, previo á proba, levarase a cabo unha andaina polo mesmo percorrido, que dará comezo ás 10 horas.

Publicada o

- Advertisement -

Este martes realizouse no Concello de Burela a presentación oficial da IV edición da 15K A Mariña BANCO MEDIOLANUM, coa presenza do alcalde de Burela, Alfredo Llano, o edil de Deportes, Ramiro Fernández, o rexedor de Foz, Fran Cajoto, así como David Mayo, Family Banker de Banco Mediolanum, patrocinador principal da proba, entre outros.

Tras o parón por mor da COVID-19, esta proba de 15 quilómetros entre os Concellos de Foz e Burela volve este domingo 19 de xuño ás 11 horas. Ademais, previo á proba, levarase a cabo unha andaina polo mesmo percorrido, que dará comezo ás 10 horas.

As dúas probas terán como punto de saída o centro comercial Activity Center en Burela, e cruzarán meta nos aledaños da praia da Rapadoira tras desfrutar dun percorrido espectacular pola Mariña Lucense.

Esta IV edición conta cun ton solidario xa que se doará un euro de cada inscrición á asociación Xuncas-Diversia, que promoven o deporte adaptado. Ademais, hai unha fila cero cuxa recadación irá integramente destinada á mesma.

Camiseta oficial do evento, servizo de autobuses, avituallamentos, servizo de duchas e moitas sorpresas máis agardan aos máis de 200 corredores e corredoras que vivirán unha xornada de deporte e diversión. Aínda está aberto o período de inscrición a través da seguinte ligazón https://bit.ly/3EtE9tL , que finalizará mañá mércores 15 de xuño ás 23:59 horas. Poderase consultar toda a información na páxina web https://bancomediolanum15kseries.com/

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...