InicioCentralBurelaFinalizan as obras de mantemento do Cantiño en Burela cun investimento de...

Finalizan as obras de mantemento do Cantiño en Burela cun investimento de máis de 30.000 euros

Segundo explicou o tenente de alcalde e responsable de urbanismo, Ramiro Fernández, “era un traballo necesario para que podan desfrutar desta zona con toda seguridade os veciños e visitantes agora que comeza o período estival”.

Publicada o

- Advertisement -

O Paseo do Cantiño de Burela xa está a punto. O Concello vén de acometer dúas actuacións nesta zona cun investimento total de máis de 30.000 euros para acondicionar o paseo e renovar elementos danados por actos vandálicos.

As correntes de augas que acabaron por deteriorar o paseo foron a causa da reposición integral do firme, investindo nesta obra 12.000 euros, que segundo explicou o tenente de alcalde e responsable de urbanismo, Ramiro Fernández, “era un traballo necesario para que podan desfrutar desta zona con toda seguridade os veciños e visitantes agora que comeza o período estival”.

Por outra banda, o goberno municipal repuxo un dos castros que hai no merendeiro, “que tiraron nun acto de vandalismo incomprensible, posto que agora tivemos que desembolsar case 20.000 euros para colocalo e reforzar outro que tamén estaba en malas condicións”. Neste senso, Fernández incidiu na necesidade “de respectar e manter o mobiliario público, temos que concienciar de que o incivismo aféctanos a todos e obriga a gastar uns cartos que se poderían destinar a outras cousas”.

Ademais, a actuación no Cantiño incluíu a reparación da zona de aparcadoiro, tamén deteriorada pola rodadura dos vehículos, habilitando dúas prazas para persoas con mobilidade reducida que antes non existían. “Temos un compromiso claro coa accesibilidade e a ampliación de espazos destinados á mellora do benestar e o reforzo dos dereitos das persoas con algún tipo de discapacidade, polo que nos pareceu importante tamén crear estas dúas prazas”, subliñou o edil de Urbanismo.

Unha nova intervención do goberno local en espazos públicos polos que transita moita xente e que contribúen a conservar en boas condicións e mellorar unha das zonas de recreo máis importantes do municipio, fomentando o desfrute da veciñanza en lugares naturais, así co

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...