InicioCentralBurelaO CEIP Virxe do Carme realiza o xogo pasapalabra coas monitoras da...

O CEIP Virxe do Carme realiza o xogo pasapalabra coas monitoras da aula Gaia

O xogo segue a liña artellada por Gaia para concienciar aos escolares a través da gamificación da importancia do coidado e respecto ao medio.

Publicada o

- Advertisement -

O centro de educación ambiental Gaia do Concello de Burela continúa coas actividades dirixidas a centros de ensino para educar e sensibilizar aos máis pequenos e pequenas co fin de acadar un desenvolvemento máis sostible.

Ao longo desta semana levaron ao ceip Virxe do Carme unha adaptación do tradicional xogo “pasapalabra”, moi coñecido pola súa presenza na parrilla televisiva ao longo dos anos. As monitoras de Gaia fixeron unha adaptación recollendo contidos dos libros, ordenadores e distintos materiais que o alumnado foi traballando durante o curso escolar para redactar as preguntas.

Dividindo as aulas en dous grupos, van formulando estas cuestións para que cada un dos equipos se poña de acordo e o voceiro ou voceira dea a resposta. O grupo que antes finalice o rosco ou teña menos erros (marcando con verde os acertos e con vermello as respostas incorrectas), gaña.

Todo o alumnado do Virxe do Carmen realizará este xogo, desde primeiro a sexto de primaria. A temática de todas as preguntas do xogo é unha temática medio ambiental, sobre a reciclaxe, o planeta, a natureza, a biodiversidade ou o uso sostible dos recursos, coa premisa de que figure nos contidos traballados ao longo do curso.

Con esta actividade preténdese concienciar a todas as nenas e nenos do importante que é o coidado e o respecto ao medio ambiente para o futuro do planeta, empregando a técnica da gamificación para afianzar os coñecementos dun xeito divertido e práctico.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...